venres, 30 de novembro de 2018

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º aprende nos xogos de mapas creados por eles mesmos con circuitos eléctricos. Aquí nolo contan:

INVESTIGANDO COA BUXAINA

O alumnado de 4º experimentou e investigou cos trompos, facendo tamén unha comparativa cunha versión máis moderna. Mirade:

O XOGO NAS NOSAS VIDAS

Velaquí un resumo das nosas investigacións sobre hábitos lúdicos en tres xeracións diferentes. Expuxemos o noso traballo para toda a comunidade. Nel podemos ver os resultados das enquisas e as conclusións que o alumnado entendeu a partires delas.



Coincidimos todos os cursos en varias cousas:
  • Os avós, pais e nais xogaban máis ca nós na rúa e cos veciños.
  • Nós xogamos máis na escola e na casa, con amigos e compañeiros.
  • Os avós xogaban pouco e traballaban máis na casa.
  • Os avós construían xoguetes.
  • Moi poucos xogaban cos seus pais e avós. Nós un pouco máis.
  • Algúns xogos dos adultos coinciden cos nosos. Outros non os coñecemos. 
  • Os adultos agora xogan pouco ou nada.


Agora, moitas ganas de probar xogos que nos contaron e de contaxiar o espíritu lúdico a toda a nosa comunidade. 


mércores, 21 de novembro de 2018

XOGAMOS NO MAGOSTO

Este ano o magosto no cole de Oliveira foi diferente!. 


Como temos tantas ganas de xogar e aprender xogando, convidamos á Cooperativa Miudiño, que nos ofreceu un espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais feitos con madeira.
Pasámolo xenial e aprendemos a xogar con cousas que nunca viramos antes.


Aquí podedes ver o ben que o pasamos!!!