domingo, 16 de decembro de 2018

ZOADEIRA

Esta proposta na Biblioteca para o tempo de lecer tívonos enredados durante uns días en que ninguén quería quedar sen facer a súa zoadeira.
Un sinxelo e clásico xoguete que tamén está considerado un instrumento aerófono polo son zoante que fai, como puidemos informarnos aquí.



Animádevos a probar!

venres, 30 de novembro de 2018

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º aprende nos xogos de mapas creados por eles mesmos con circuitos eléctricos. Aquí nolo contan:

INVESTIGANDO COA BUXAINA

O alumnado de 4º experimentou e investigou cos trompos, facendo tamén unha comparativa cunha versión máis moderna. Mirade:

O XOGO NAS NOSAS VIDAS

Velaquí un resumo das nosas investigacións sobre hábitos lúdicos en tres xeracións diferentes. Expuxemos o noso traballo para toda a comunidade. Nel podemos ver os resultados das enquisas e as conclusións que o alumnado entendeu a partires delas.





Agora, moitas ganas de probar xogos que nos contaron e de contaxiar o espíritu lúdico a toda a nosa comunidade. 


mércores, 21 de novembro de 2018

XOGAMOS NO MAGOSTO

Este ano o magosto no cole de Oliveira foi diferente!. 


Como temos tantas ganas de xogar e aprender xogando, convidamos á Cooperativa Miudiño, que nos ofreceu un espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais feitos con madeira.
Pasámolo xenial e aprendemos a xogar con cousas que nunca viramos antes.


Aquí podedes ver o ben que o pasamos!!!




xoves, 18 de outubro de 2018

XOGAMOS?

Xoguemos e non paremos de facelo porque o xogo é creación, imaxinación, transformación, emoción, maxia e un milleiro de cousas máis das que queremos contaxiarvos a todos e todas co noso novo proxecto que compartimos con ilusión co CEIP de Leirado, co que por suposto... 


XOGAREMOS!!!

mércores, 17 de outubro de 2018

XOGAMOS?

Bonita pregunta!!
Presentámosvos o noso proxecto deste curso, onde o xogo vai ser protagonista. 
Tamén saudamos con este vídeo aos amigos e amigas de Santiago de Oliveira que estarán connosco nesta viaxe. Un pracer!


Moitas grazas a Migallas por esta divertida canción