Amosando publicacións coa etiqueta xogando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogando. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de xuño de 2019

REPORTAXE DA MOSTRA

Aquí vos deixamos a nosa reportaxe audiovisual da Xornada que vivimos conquistando o Parque da Canuda para visibilizar o xogo e a súa importancia no noso desenvolvemento persoal e social. Nenos, nenas e adultos dos dous centros compartiron a súa experiencia e coñecementos adquiridos e, sobre todo, xogaron!
Mirade:

venres, 24 de maio de 2019

O NOSO RECREO

Ao longo do curso fomos coñecendo máis xogos e outras formas de xogar. 
Descubrimos que os xogos teñen moitas variantes segundo os lugares e as épocas, e que o máis importante é que os xogadores e xogadoras se poñan de acordo en certas normas antes de xogar: o que vale, o que non vale.
Así que nas aulas informámonos  e escribimos o que acordamos sobre algúns dos xogos que máis utilizábamos no recreo,  poñendo todo nun arquivador para poder consultar facilmente, na planta baixa.


Practicamos o que aprendimos

Temos materiais  novos, algúns especialmente destinados ao xogo libre e creativo.




E novos xogos de mesa na sala da entrada, ademais dos que xa tiñamos na Biblioteca.
Agora os nosos recreos son variados e estupendos!



mércores, 22 de maio de 2019

CREACIÓN LIBRE DE BRINQUEDOS

Hoxe a Cooperativa Miudiño ofreceu ao alumnado de Oliveira un obradoiro de creación libre de brinquedos.
Pasárono xenial e crearon xoguetes moi orixinais.
Podedes ver no seguinte vídeo o ben que o pasaron na actividade.


venres, 17 de maio de 2019

XORNADA DAS LETRAS 2019

Onte celebramos no cole A XORNADA DAS LETRAS e unha das actividades organizada polo EDLG foi unha xincana sobre Antón Fraguas (homenaxeado este ano das LETRAS GALEGAS).
A xincana consistiu en dez xogos polos que foron pasando todos os grupos que serviron ademais de para divertirse, para coñecer un pouco mellor ao homenaxeado deste ano.


Aquí vos deixamos un pequeno  vídeo.


 

mércores, 10 de abril de 2019

COMPARTINDO DEPORTE CO CEIP DE LEIRADO

O pasado martes día 26 de febreiro, o alumnado de sexto pasou unha estupenda xornada  xogando ao hochey e ao balonmano no Ceip de Leirado. Despois de xogar, os nosos compañeir@s de Leirado invitáronnos a unha merendola. Tamén nós deu tempo de convivir un anaco a  tod@s xunt@s no seu recreo. Podedes ver unha pequena escolma dos momentos máis destacados no seguinte vídeo.



mércores, 13 de febreiro de 2019

PATIOS DINAMICOS

Hoxe continuouse a actividade que comezamos a semana pasada introducindo tres novos xogos:

  1. "DESPLUMAR A GALIÑA"
  2. "ESCONDITE INGLÉS"
  3. "O RATO E O GATO"

Primeiro presentou e anticipou as actividades que ían facer



E presentou os xogos apoiándose tamén con pictos de ARASAAC





mércores, 6 de febreiro de 2019

PATIOS DINÁMICOS

Hoxe na hora do recreo, Cristina Serantes (profesional de BATA), presentou ao alumnado de 4º dous xogos que aparecen recollidos no libro "PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS" de Gey Lagar: "LA ARAÑA" E "CONGELADO".

Esta actividade desenvolverase todos os mércores coa finalidade de conseguir que de aquí a final de curso todos os nenos e nenas se integren nalgún xogo na hora do recreo, que haxa máis variedade  e se amplíe a actividade a máis días da semana.











mércores, 30 de xaneiro de 2019

O XOGO DA CARRASQUIÑA

XOGANDO, BICANDO, ABRAZANDO, COMPARTINDO SORRISOS E EMOCIÓNS.

Así celebramos o alumnado e profesorado o Día da Paz, danzando o "XOGO DA CARRASQUIÑA".



venres, 18 de xaneiro de 2019

XOGO DO FÍO

Esta semana Sofía, unha nena de segundo, espertou a curiosidade nalgúns dos seus compañeiros e compañeiras cun xogo que ela chama "O xogo do fío".
Moi pronto vos contaremos algunha cousiña máis sobre el.

Aquí vos deixamos uns vídeos para que vexades e probedes se o conseguides facer.


domingo, 6 de xaneiro de 2019

XOGAMOS COA ÁRBORE DE NADAL

Este ano decidimos que a nosa árbore de Nadal concordase co proxecto.
Estaría feita por algo co que poidésemos xogar, un xogo no que todos colaboraríamos na súa confección e que sería o noso agasallo para o último día antes das vacacións, pois cada un levaría un para casa.
Así que acordamos que faríamos "Comecocos" e cada clase responsabilizouse en aportar os máis bonitos e cuidados. Dende infantil até os de 6º.
Árbore de Nadal con "Comecocos"


domingo, 16 de decembro de 2018

ZOADEIRA

Esta proposta na Biblioteca para o tempo de lecer tívonos enredados durante uns días en que ninguén quería quedar sen facer a súa zoadeira.
Un sinxelo e clásico xoguete que tamén está considerado un instrumento aerófono polo son zoante que fai, como puidemos informarnos aquí.



Animádevos a probar!

venres, 30 de novembro de 2018

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

O alumnado de 6º aprende nos xogos de mapas creados por eles mesmos con circuitos eléctricos. Aquí nolo contan:

INVESTIGANDO COA BUXAINA

O alumnado de 4º experimentou e investigou cos trompos, facendo tamén unha comparativa cunha versión máis moderna. Mirade: