martes, 30 de abril de 2019

CANTARELAS DOS XOGOS

O alumnado de 6º fixo a busca e selección, logo propuxo ao alumnado de 3º recitar e cantar. Agora na nosa radio para todos vós:


venres, 26 de abril de 2019

FOUR SQUARE

Este é o xogo co que traballou  o grupo de 6º a lingua inglesa:


E agora a todas e todos nos encanta o Four Square




xoves, 25 de abril de 2019

WHAT'S THE TIME MISTER WOLF?

Coñecemos xogos tamén na aula de inglés. Lemos, escribimos,  aprendemos as normas, e despois xogamos, claro!
Este é o xogo do grupo de 4º.



mércores, 24 de abril de 2019

TODO SOBRE O XADREZ

A clase de 3º investigou sobre o xadrez, descubriron que é un xogo moi antigo e animáronse a facer unha liña do tempo dende os seus comezos ata o momento actual. Ademais nos informan sobre outros aspectos, como o significado das pezas, as normas de xogo e a famosa lenda do xadrez




Xa o temos a disposición na biblio para  practicar!




luns, 22 de abril de 2019

VÍDEO TITORIAL: CONSTRUÍNDO UN BÓLIDO

Investigar e descubrir como construir un bólido, foi o que fixeron os de 1º e pareceulles tan divertido e intreresante que decidiron mostrar como facelo, a través de un vídeo titorial.

Agora podedes elaborar un para vós, esperamos que sexa do voso agrado.



luns, 15 de abril de 2019

MUSEO ETNOGRÁFICO E XOGOS

Fomos de visita ao Museo etnográfico A casa do Patrón, en Lalín, onde vimos formas de vida da Galicia de hai cen anos, máis ou menos, e ademais xogamos a xogos de sempre. Un día espléndido!













mércores, 10 de abril de 2019

COMPARTINDO DEPORTE CO CEIP DE LEIRADO

O pasado martes día 26 de febreiro, o alumnado de sexto pasou unha estupenda xornada  xogando ao hochey e ao balonmano no Ceip de Leirado. Despois de xogar, os nosos compañeir@s de Leirado invitáronnos a unha merendola. Tamén nós deu tempo de convivir un anaco a  tod@s xunt@s no seu recreo. Podedes ver unha pequena escolma dos momentos máis destacados no seguinte vídeo.



O XOGO TRADICIONAL

As nenas e nenos de 1º estiveron investigando sobre os xogos tradicionais en distintas partes do mundo.
Foi unha pescuda intensa pero moi divertida.
Este foi o proceso:



EXPO XOGO

Despois de moito traballo sobre o proxecto XOGAMOS durante todo o curso,  por fin chegou o día de mostralo ao resto de compañeir@s polo que decidimos celebrar a EXPO DO XOGO.

A través desta actividade cada clase explicáballe ao resto o aprendido e traballado sobre o xogo ou xoguete elexido.

Aínda que o tempo non nos acompañou todo o que tiñamos pensado ao final pasaron unha mañá moi entretenida e aprenderon moitas cousas novas.

Deixámosvos unha pequena mostra!