xoves, 28 de febreiro de 2019

ORDES DO MECO

Durante esta semana o meco, axudado polo rei e raíña do Entroido, mandounos unhas ordes moi especiais.





Como se enterou que non paramos de xogar, ocurriúselle que hoxe todos/as fósemos fichas do QUEN É QUEN?



E así de guapos/as estabamos todos hoxe!!!

Clase 3-4 anos
Clase 5 anos


Clase 1º

Clase 2º
Clase 3º
Clase 4º

Clase 5º
Clase 6º

MAÑÁ TEREMOS A GRAN FESTA DO ENTROIDO ONDE NON PARAREMOS DE XOGAR. 


xoves, 21 de febreiro de 2019

PATIOS DINÁMICOS: A BOMBA

Onte durante o recreo introducironse novos xogos. 

Un deles foi A BOMBA do que damos conta nas imaxes. Neste xogo un xogador  colócase no centro e conta cos ollos tapados ata unha cantidade (30), mentres o resto colocado en círculo se vai pasando unha pelota. O xogador que teña a pelota no momento que acaba de contar, séntase coas pernas estiradas e empézase a contar de novo. O xogador que estea ao lado do que está sentado terá que saltar para entregarlle a pelota ao outro compañeiro. Así ata que só quede unha persoa.


Ademais dese introduciron outros dous: EL PULPO e LAS RAYAS, tamén incluidos no libro de PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS








luns, 18 de febreiro de 2019

ANÉCDOTAS DOS XOGOS:LECTURA

Chegou á nosa Biblio "Los días pequeños", de Pep Bruno, un libro que fai boa literatura das cousas máis cotiás, dos aconteceres dos habitantes nun pequeno pobo. 
Nel achamos unha divertida anécdota de xogos infantís, como as que nos contaron as  familias ou como as nosas, porque todos temos algunha que contar. 
Mirade  e escoitade :"El niño Antón y la patineta"



mércores, 13 de febreiro de 2019

PATIOS DINAMICOS

Hoxe continuouse a actividade que comezamos a semana pasada introducindo tres novos xogos:

  1. "DESPLUMAR A GALIÑA"
  2. "ESCONDITE INGLÉS"
  3. "O RATO E O GATO"

Primeiro presentou e anticipou as actividades que ían facer



E presentou os xogos apoiándose tamén con pictos de ARASAAC





domingo, 10 de febreiro de 2019

ENTREVISTAS

O alumnado de 4º saiu coas gravadoras na busca de información sobre os xogos de infancia de persoas da súa familia. Con estes valiosos documentos sonoros argallaron o seu programa de radio. Cantas conversas interesantes! 
Moitas grazas familias pola colaboración e por aportarnos tanto!

mércores, 6 de febreiro de 2019

PATIOS DINÁMICOS

Hoxe na hora do recreo, Cristina Serantes (profesional de BATA), presentou ao alumnado de 4º dous xogos que aparecen recollidos no libro "PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS" de Gey Lagar: "LA ARAÑA" E "CONGELADO".

Esta actividade desenvolverase todos os mércores coa finalidade de conseguir que de aquí a final de curso todos os nenos e nenas se integren nalgún xogo na hora do recreo, que haxa máis variedade  e se amplíe a actividade a máis días da semana.











sábado, 2 de febreiro de 2019

LENDO HISTORIAS: UNHA CINTA AZUL DE DOUS PALMOS E PICO

O alumnado de Valores de 5º ofrécenos a lectura dun texto traballado, un texto de Juan Farias que fala dun neno que se aburre e doutro neno que fai voar a súa imaxinación cunha simple cinta azul. 
Escoitade que clariño nos len e pensade. Pensade que a maxia está en nós mesmos, non nas cousas externas, que o xogo tamén é creación, imaxinación, e que diso vós tedes moito!