sábado, 22 de decembro de 2018

RECOLLIDA DE XOGUETES

Aproveitando estas datas onde a ilusión dos nenos e nenas é ter un xoguete, no cole de Oliveira pedímoslles ás familias que aportasen xoguetes que xa non usasen e estivesen en bo estado, para axudar a que todos os nenos e nenas da zona poidan facer realidade ese desexo.


Contactamos coa ONG Ponte Solidario que estiveron encantados coa idea e viñeron recollelos esta semana para que cheguen a tempo ás casas.









xoves, 20 de decembro de 2018

O XOGO NO TEMPO

XA temos o resultado das enquisas sobre o xogo nas diferentes xeracións!!!! 

Expuxemos o traballo na planta baixa do colexio para que toda a comunidade educativa poida ver as estatísticas e conclusións obtidas.
Aquí vos deixamos as imaxes do resultado.





6º PRIMARIA

5º PRIMARIA

4º PRIMARIA

3º PRIMARIA


2º PRIMARIA


1º PRIMARIA
6º INFANTIL

4º-5º INFANTIL


AGORA TOCA COMEZAR A INVESTIGAR!!!!

TRABALLANDO COAS ENQUISAS

Durante o mes de novembro, nas nosas aulas estivemos traballando coas enquisas que enviamos ás casas, para ver como xogaban os nosos avós/as, pais e nais e comparalo co que fan os nenos e nenas hoxe en día.


Aprenderon a facer baleirado de enquisas e a reflectir eses resultados en distintos tipos de gráficos.

O alumnado de terceiro explícanos como fixeron as súas gráficas.




Deixámosvos un pequeno resumo do traballo de aula no resto de clases.


domingo, 16 de decembro de 2018

ZOADEIRA

Esta proposta na Biblioteca para o tempo de lecer tívonos enredados durante uns días en que ninguén quería quedar sen facer a súa zoadeira.
Un sinxelo e clásico xoguete que tamén está considerado un instrumento aerófono polo son zoante que fai, como puidemos informarnos aquí.



Animádevos a probar!