Amosando publicacións coa etiqueta patios dinámicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta patios dinámicos. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de abril de 2019

O XOGO TRADICIONAL

As nenas e nenos de 1º estiveron investigando sobre os xogos tradicionais en distintas partes do mundo.
Foi unha pescuda intensa pero moi divertida.
Este foi o proceso:



xoves, 21 de febreiro de 2019

PATIOS DINÁMICOS: A BOMBA

Onte durante o recreo introducironse novos xogos. 

Un deles foi A BOMBA do que damos conta nas imaxes. Neste xogo un xogador  colócase no centro e conta cos ollos tapados ata unha cantidade (30), mentres o resto colocado en círculo se vai pasando unha pelota. O xogador que teña a pelota no momento que acaba de contar, séntase coas pernas estiradas e empézase a contar de novo. O xogador que estea ao lado do que está sentado terá que saltar para entregarlle a pelota ao outro compañeiro. Así ata que só quede unha persoa.


Ademais dese introduciron outros dous: EL PULPO e LAS RAYAS, tamén incluidos no libro de PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS








mércores, 13 de febreiro de 2019

PATIOS DINAMICOS

Hoxe continuouse a actividade que comezamos a semana pasada introducindo tres novos xogos:

  1. "DESPLUMAR A GALIÑA"
  2. "ESCONDITE INGLÉS"
  3. "O RATO E O GATO"

Primeiro presentou e anticipou as actividades que ían facer



E presentou os xogos apoiándose tamén con pictos de ARASAAC





mércores, 6 de febreiro de 2019

PATIOS DINÁMICOS

Hoxe na hora do recreo, Cristina Serantes (profesional de BATA), presentou ao alumnado de 4º dous xogos que aparecen recollidos no libro "PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS" de Gey Lagar: "LA ARAÑA" E "CONGELADO".

Esta actividade desenvolverase todos os mércores coa finalidade de conseguir que de aquí a final de curso todos os nenos e nenas se integren nalgún xogo na hora do recreo, que haxa máis variedade  e se amplíe a actividade a máis días da semana.