PATIOS DINÁMICOS: A BOMBA
Onte durante o recreo introducironse novos xogos.
Un deles foi A BOMBA do que damos conta nas imaxes. Neste xogo un xogador colócase no centro e conta cos ollos tapados ata unha cantidade (30), mentres o resto colocado en círculo se vai pasando unha pelota. O xogador que teña a pelota no momento que acaba de contar, séntase coas pernas estiradas e empézase a contar de novo. O xogador que estea ao lado do que está sentado terá que saltar para entregarlle a pelota ao outro compañeiro. Así ata que só quede unha persoa.
Ademais dese introduciron outros dous: EL PULPO e LAS RAYAS, tamén incluidos no libro de PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario