xoves, 21 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Para celebrar a SEMANA DA PRENSA fixemos un xornal no que participaron todas as clases.

As noticias traballadas estiveron relacionadas co XOGO ou XOGUETE  elexido por cada unha delas e este foi o resultado final. Moi interesante!!


martes, 19 de marzo de 2019

AS BONECAS

O alumnado de 5º cóntanos o resultado da súa investigación sobre as bonecas, nos murais do corredor e tamén na radio escolar.
Lede e escoitade:





mércores, 6 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Disfrazarse é un xogo que nos gusta, interpretar personaxes, ser outra cousa por un tempo... e se sumamos o goce de realizalos máis divertido ainda.
Despois duns días de moito traballiño lucimos os nosos disfraces desfilando por Salvaterra e celebrando con actuacións musicais no Parque da Canuda. Así fomos transformándonos por un día en taboleiros de oca e parchís, dados, bonequiños de Playmobil, pezas de xadrez, trompos, bonecas e abanderados dos Xogos.









E a nosa actuación:

martes, 5 de marzo de 2019

🎭ENTROIDO🎭

O venres día 1 celebramos no patio do colexio a festa final do ENTROIDO.

Cada aula desfilou mostrando o xogo ou xoguete elexido ao ritmo da música. A aula de 3-4 anos elexiu o póker, os de 5 convertéronse en pilotos de coches de carreiras, en 1º elexiron o dominó, 2º o xadrez, os de 3º disfrazáronse de bonecos e bonecas, os de 4º de bolos, 5º de buxainas e 6º representou o xogo do parchís.

Ao finalizar degustamos un delicioso chocolate acompañado de rosquillas e bailamos sen parar.

Deixámosvos un vídeo da xornada.