venres, 14 de xuño de 2019

REPORTAXE DA MOSTRA

Aquí vos deixamos a nosa reportaxe audiovisual da Xornada que vivimos conquistando o Parque da Canuda para visibilizar o xogo e a súa importancia no noso desenvolvemento persoal e social. Nenos, nenas e adultos dos dous centros compartiron a súa experiencia e coñecementos adquiridos e, sobre todo, xogaron!
Mirade:

xoves, 13 de xuño de 2019

MOSTRA DO XOGO E XOGUETE

O pasado venres, como guinda final ao noso proxecto intercentros, tivemos a MOSTRA DO XOGO E XOGUETE.  

Unha xornada chea de emocións onde mostramos e compartimos o traballo realizado durante o curso e onde non paramos de xogar e aprender.

No vídeo podedes ver algúns dos marabillosos traballos dos dous colexios.

mércores, 12 de xuño de 2019

AS CANTIGAS NO XOGO

Durante este curso os nenos e nenas de 1° aprenderon distintas cancións para xogar en pequenos e grandes grupos, para botar sortes, e para disfrutar dos xogos que forman parte da súa vida diaria.
A continuación poderedes ver algunhas delas.



martes, 11 de xuño de 2019

CANCIÓNS PARA BOTAR A SORTES

E agora que xa agardamos impacientes o verán e aínda que hai tempo para todo, por se non vos decidides entre todos os plans que vos veñen á cabeza, aquí vos deixamos unha chea de cancións para botar a sortes emitidas no noso programa de radio do mes de maio.






xoves, 6 de xuño de 2019

PUBLICITANDO A MOSTRA

Neste momento, no que todo está preparado, só queda mostrar as distintas formas de difusión da nosa MOSTRA.




         




Picando na foto poderedes ver o album de 
fotos de Xogamos-Publicidade.

mércores, 5 de xuño de 2019

A CONTA ATRÁS

Chegou o día!!




 

XOGOS DE 3º

Na clase de 3º creamos un dominó con cartóns de leite, un xogo de memoria, un tres en raia e un xogo de pesca, con tapóns e outros materiais. Esperamos que vos guste xogar con eles!!


 
Atent@s ás explicacións:





VÍDEO TITORIAL: FACEMOS UN PARACAÍDAS

Os de 1º construíron un novo xoguete que ven do ceo: un paracaídas.
E desta volta foi un vídeo no que ademáis de preparar os diálogos e a posta en escena, ocupáronse de toda a execución.