xoves, 31 de xaneiro de 2019

DECÁLOGOS PARA XOGAR EN PAZ

Aprendemos o que é un decálogo e preparamos un en cada aula, foi doado porque sabemos ben as cousas que fan mellor a convivencia. Agora para lembralo repartímolos polo cole, para telos sempre presentes e que os nosos xogos estean cheos de ledicia e bos momentos.










mércores, 30 de xaneiro de 2019

O XOGO DA CARRASQUIÑA

XOGANDO, BICANDO, ABRAZANDO, COMPARTINDO SORRISOS E EMOCIÓNS.

Así celebramos o alumnado e profesorado o Día da Paz, danzando o "XOGO DA CARRASQUIÑA".



DECÁLOGOS DOS BOS XOGADORES E XOGADORAS

Nas últimas semanas, cada aula estivo elaborando o seu decálogo para ser un bo xogador e xogadora.

Hoxe aproveitando o DIA DA PAZ un representante de cada aula leulle ao resto do colexio as 10 cousas que para eles/as hai que ter en conta á hora de xogar.

Aquí volos deixamos para que os vexades.


HISTORIA DOS XOGOS OLÍMPICOS



Porque dende sempre ao ser humano lle gustou xogar, así naceron os Xogos Olímpicos, e así seguen a  día de hoxe. Ainda que eran e son moi competitivos, tiñan un espirito saúdable e de convivencia. Esta historia investigaron na clase de 6º, e así nolo contan tamén na nosa radio:

venres, 18 de xaneiro de 2019

XOGO DO FÍO

Esta semana Sofía, unha nena de segundo, espertou a curiosidade nalgúns dos seus compañeiros e compañeiras cun xogo que ela chama "O xogo do fío".
Moi pronto vos contaremos algunha cousiña máis sobre el.

Aquí vos deixamos uns vídeos para que vexades e probedes se o conseguides facer.


venres, 11 de xaneiro de 2019

O XOGO NOS ANIMAIS

Que os animais xogan xa o sabemos, pero na aula de 4º quixeron saber máis e indagaron en internet: que significa o xogo para eles, por que xogan e como xogan... e tendo en conta que nós tamén pertencemos ao reino animal, ten isto algo que ver connosco?
Aquí tedes o mural onde nos presentan a información. Para ler mellor hai que premer nas ligazóns: 

domingo, 6 de xaneiro de 2019

XOGAMOS COA ÁRBORE DE NADAL

Este ano decidimos que a nosa árbore de Nadal concordase co proxecto.
Estaría feita por algo co que poidésemos xogar, un xogo no que todos colaboraríamos na súa confección e que sería o noso agasallo para o último día antes das vacacións, pois cada un levaría un para casa.
Así que acordamos que faríamos "Comecocos" e cada clase responsabilizouse en aportar os máis bonitos e cuidados. Dende infantil até os de 6º.
Árbore de Nadal con "Comecocos"


xoves, 3 de xaneiro de 2019

MIKADO

As alumnas e alumnos de 1º elaboraron un "Mikado". Antes recolleron a información necesaria, calcularon os pauciños que precisaban, distribuiron o traballo e averiguaron as normas do xogo.