venres, 14 de xuño de 2019

REPORTAXE DA MOSTRA

Aquí vos deixamos a nosa reportaxe audiovisual da Xornada que vivimos conquistando o Parque da Canuda para visibilizar o xogo e a súa importancia no noso desenvolvemento persoal e social. Nenos, nenas e adultos dos dous centros compartiron a súa experiencia e coñecementos adquiridos e, sobre todo, xogaron!
Mirade:

xoves, 13 de xuño de 2019

MOSTRA DO XOGO E XOGUETE

O pasado venres, como guinda final ao noso proxecto intercentros, tivemos a MOSTRA DO XOGO E XOGUETE.  

Unha xornada chea de emocións onde mostramos e compartimos o traballo realizado durante o curso e onde non paramos de xogar e aprender.

No vídeo podedes ver algúns dos marabillosos traballos dos dous colexios.

mércores, 12 de xuño de 2019

AS CANTIGAS NO XOGO

Durante este curso os nenos e nenas de 1° aprenderon distintas cancións para xogar en pequenos e grandes grupos, para botar sortes, e para disfrutar dos xogos que forman parte da súa vida diaria.
A continuación poderedes ver algunhas delas.



martes, 11 de xuño de 2019

CANCIÓNS PARA BOTAR A SORTES

E agora que xa agardamos impacientes o verán e aínda que hai tempo para todo, por se non vos decidides entre todos os plans que vos veñen á cabeza, aquí vos deixamos unha chea de cancións para botar a sortes emitidas no noso programa de radio do mes de maio.






xoves, 6 de xuño de 2019

PUBLICITANDO A MOSTRA

Neste momento, no que todo está preparado, só queda mostrar as distintas formas de difusión da nosa MOSTRA.




         




Picando na foto poderedes ver o album de 
fotos de Xogamos-Publicidade.

mércores, 5 de xuño de 2019

A CONTA ATRÁS

Chegou o día!!




 

XOGOS DE 3º

Na clase de 3º creamos un dominó con cartóns de leite, un xogo de memoria, un tres en raia e un xogo de pesca, con tapóns e outros materiais. Esperamos que vos guste xogar con eles!!


 
Atent@s ás explicacións:





VÍDEO TITORIAL: FACEMOS UN PARACAÍDAS

Os de 1º construíron un novo xoguete que ven do ceo: un paracaídas.
E desta volta foi un vídeo no que ademáis de preparar os diálogos e a posta en escena, ocupáronse de toda a execución.



venres, 31 de maio de 2019

CREACIÓN DE XOGOS EN 6º

Na clase de 6º creamos varios xogos. Empezamos por facer xogos de CONECTA para estudar mapas:



E últimamente creamos con materiais de refugallo varios xogos divertidos e curiosos, que podedes probar no cole ou na Mostra que faremos en Salvaterra. Mirade:







xoves, 30 de maio de 2019

CREANDO XOGUETES EN 4º

En 4º de Primaria a ciencia seguiunos inspirando para xogar, neste caso coa luz, co son, co movemento e a electricidade. Agora creamos en equipos caleidoscopios, teléfonos de vasos e un tobogán para canicas que acenden unha luz cando chegan ao final!  Moitos retos para aprender e divertirnos.









sábado, 25 de maio de 2019

LOGOTIPO PARA A MOSTRA

Pensando no evento final do noso proxecto puxemos en marcha a imaxinación para crear un logotipo que o represente. E velaquí o logo seleccionado para o colexio de Leirado:
NOA de 2º de Primaria


E para que vexades a nosa creatividade, aquí están todas as creacións:











venres, 24 de maio de 2019

O NOSO RECREO

Ao longo do curso fomos coñecendo máis xogos e outras formas de xogar. 
Descubrimos que os xogos teñen moitas variantes segundo os lugares e as épocas, e que o máis importante é que os xogadores e xogadoras se poñan de acordo en certas normas antes de xogar: o que vale, o que non vale.
Así que nas aulas informámonos  e escribimos o que acordamos sobre algúns dos xogos que máis utilizábamos no recreo,  poñendo todo nun arquivador para poder consultar facilmente, na planta baixa.


Practicamos o que aprendimos

Temos materiais  novos, algúns especialmente destinados ao xogo libre e creativo.




E novos xogos de mesa na sala da entrada, ademais dos que xa tiñamos na Biblioteca.
Agora os nosos recreos son variados e estupendos!



XA TEMOS GAÑADORA

A gañadora do concurso de CREACIÓN DO LOGO foi ARIADNA IGLESIAS MARTÍNEZ de 6º de Educación Primaria. 

Aquí a vemos moi contenta co seu agasallo e tamén deixamos unha foto da súa marabillosa creación.

PARABÉNS ARI!!!

 

xoves, 23 de maio de 2019

ATINA NA TROMPA!

Como sabedes, en Leirado ultimamente andamos a construir xoguetes. Hoxe os máis peques do cole, de 3 e 4 anos, pasaron polas clases a mostrarnos un xogo que fixeron e ademais, deixaron un en cada aula para que practiquemos.





                                           
Pero so ata fin de curso eh!


mércores, 22 de maio de 2019

CREACIÓN LIBRE DE BRINQUEDOS

Hoxe a Cooperativa Miudiño ofreceu ao alumnado de Oliveira un obradoiro de creación libre de brinquedos.
Pasárono xenial e crearon xoguetes moi orixinais.
Podedes ver no seguinte vídeo o ben que o pasaron na actividade.


CONCURSO LOGOS

Xa temos todos os logos listos, agora toca elexir ao gañador ou gañadora que anunciaremos o próximo venres 25 de maio no programa de radio.

Moita sorte a tod@s e moitas grazas por participar!

 


VÍDEO TITORIAL: ELABORANDO UN MUÍÑO DE VENTO

Seguimos construindo xoguetes. Desta volta foi un muíño.
Lemos, pescudamos e debatimos cual sería a mellor forma de facelo.
Seguindo as instruccións fomos confeccionandoo. E para que podades facer vós o mesmo, deixámosvos o seguinte titorial.





sábado, 18 de maio de 2019

MARIQUIÑAS

Dende a clase de 1º estiveron  xogando e traballando coas mariquiñas.
Foi moi divertido e interesante. Agora podedes ver os resultados.


     

LENDO HISTORIAS: A NENA E A MONECA


Un xoguete proporciona horas de diversión e momentos inesquecibles. Pero tamén nos achega ao mundo da imaxinación, dos soños, dos sentimentos e das emocións. E, ás veces, un humilde xoguete convértese no talismán que nos protexe de todos os males e nos proporciona o valor suficiente para superar os atrancos da infancia.
Carmen, Cristina e Lucía, de 5º, len para nós "A nena e a moneca", un fermoso e pouco coñecido relato de Xosé Filgueira Valverde.

A protagonista da historia lembra un dramático acontecemento da súa infancia no que unha simple boneca de cartón é testemuña do paso da vida á morte, do paso da idade da inocencia á madurez. 




Se che gustou, aquí tes o texto para ler. (Aumenta o tamaño da imaxe clicando enriba)

https://books.google.es/books?id=gnevrhbq0bkC&pg=PA42&lpg=PA42&dq=a+nena+e+a+moneca&source=bl&ots=TMae5IV4EL&sig=ACfU3U2dUAWJSaV4xU10ZueNH_bh3AgeWw&hl=gl&sa=X&ved=2ahUKEwjwtNm6stXiAhXD1eAKHWt8AsYQ6AEwB3oECAgQAQ#v=onepage&q=a%20nena%20e%20a%20moneca&f=false

venres, 17 de maio de 2019

XORNADA DAS LETRAS 2019

Onte celebramos no cole A XORNADA DAS LETRAS e unha das actividades organizada polo EDLG foi unha xincana sobre Antón Fraguas (homenaxeado este ano das LETRAS GALEGAS).
A xincana consistiu en dez xogos polos que foron pasando todos os grupos que serviron ademais de para divertirse, para coñecer un pouco mellor ao homenaxeado deste ano.


Aquí vos deixamos un pequeno  vídeo.