xoves, 20 de decembro de 2018
TRABALLANDO COAS ENQUISAS
Durante o mes de novembro, nas nosas aulas estivemos traballando coas enquisas que enviamos ás casas, para ver como xogaban os nosos avós/as, pais e nais e comparalo co que fan os nenos e nenas hoxe en día.
Aprenderon a facer baleirado de enquisas e a reflectir eses resultados en distintos tipos de gráficos.
O alumnado de terceiro explícanos como fixeron as súas gráficas.
Deixámosvos un pequeno resumo do traballo de aula no resto de clases.
Aprenderon a facer baleirado de enquisas e a reflectir eses resultados en distintos tipos de gráficos.
O alumnado de terceiro explícanos como fixeron as súas gráficas.
Deixámosvos un pequeno resumo do traballo de aula no resto de clases.
domingo, 16 de decembro de 2018
ZOADEIRA
Esta proposta na Biblioteca para o tempo de lecer tívonos enredados durante uns días en que ninguén quería quedar sen facer a súa zoadeira.
Un sinxelo e clásico xoguete que tamén está considerado un instrumento aerófono polo son zoante que fai, como puidemos informarnos aquí.
Animádevos a probar!
venres, 30 de novembro de 2018
CIRCUITOS ELÉCTRICOS
O alumnado de 6º aprende nos xogos de mapas creados por eles mesmos con circuitos eléctricos. Aquí nolo contan:
INVESTIGANDO COA BUXAINA
O alumnado de 4º experimentou e investigou cos trompos, facendo tamén unha comparativa cunha versión máis moderna. Mirade:
O XOGO NAS NOSAS VIDAS
Velaquí un resumo das nosas investigacións sobre hábitos lúdicos en tres xeracións diferentes. Expuxemos o noso traballo para toda a comunidade. Nel podemos ver os resultados das enquisas e as conclusións que o alumnado entendeu a partires delas.
- Os avós, pais e nais xogaban máis ca nós na rúa e cos veciños.
- Nós xogamos máis na escola e na casa, con amigos e compañeiros.
- Os avós xogaban pouco e traballaban máis na casa.
- Os avós construían xoguetes.
- Moi poucos xogaban cos seus pais e avós. Nós un pouco máis.
- Algúns xogos dos adultos coinciden cos nosos. Outros non os coñecemos.
- Os adultos agora xogan pouco ou nada.
Agora, moitas ganas de probar xogos que nos contaron e de contaxiar o espíritu lúdico a toda a nosa comunidade.
mércores, 21 de novembro de 2018
XOGAMOS NO MAGOSTO
Este ano o magosto no cole de Oliveira foi diferente!.
Como temos tantas ganas de xogar e aprender xogando, convidamos á Cooperativa Miudiño, que nos ofreceu un espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais feitos con madeira.
Pasámolo xenial e aprendemos a xogar con cousas que nunca viramos antes.
Aquí podedes ver o ben que o pasamos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














