mércores, 30 de xaneiro de 2019
HISTORIA DOS XOGOS OLÍMPICOS
Porque dende sempre ao ser humano lle gustou xogar, así naceron os Xogos Olímpicos, e así seguen a día de hoxe. Ainda que eran e son moi competitivos, tiñan un espirito saúdable e de convivencia. Esta historia investigaron na clase de 6º, e así nolo contan tamén na nosa radio:
venres, 18 de xaneiro de 2019
XOGO DO FÍO
Esta semana Sofía, unha nena de segundo, espertou a curiosidade nalgúns dos seus compañeiros e compañeiras cun xogo que ela chama "O xogo do fío".
Moi pronto vos contaremos algunha cousiña máis sobre el.
Aquí vos deixamos uns vídeos para que vexades e probedes se o conseguides facer.
venres, 11 de xaneiro de 2019
O XOGO NOS ANIMAIS
Que os animais xogan xa o sabemos, pero na aula de 4º quixeron saber máis e indagaron en internet: que significa o xogo para eles, por que xogan e como xogan... e tendo en conta que nós tamén pertencemos ao reino animal, ten isto algo que ver connosco?
Aquí tedes o mural onde nos presentan a información. Para ler mellor hai que premer nas ligazóns:
domingo, 6 de xaneiro de 2019
XOGAMOS COA ÁRBORE DE NADAL
Este ano decidimos que a nosa árbore de Nadal concordase co proxecto.
Estaría feita por algo co que poidésemos xogar, un xogo no que todos colaboraríamos na súa confección e que sería o noso agasallo para o último día antes das vacacións, pois cada un levaría un para casa.
Así que acordamos que faríamos "Comecocos" e cada clase responsabilizouse en aportar os máis bonitos e cuidados. Dende infantil até os de 6º.
Árbore de Nadal con "Comecocos"
Estaría feita por algo co que poidésemos xogar, un xogo no que todos colaboraríamos na súa confección e que sería o noso agasallo para o último día antes das vacacións, pois cada un levaría un para casa.
Así que acordamos que faríamos "Comecocos" e cada clase responsabilizouse en aportar os máis bonitos e cuidados. Dende infantil até os de 6º.
xoves, 3 de xaneiro de 2019
MIKADO
As alumnas e alumnos de 1º elaboraron un "Mikado". Antes recolleron a información necesaria, calcularon os pauciños que precisaban, distribuiron o traballo e averiguaron as normas do xogo.
sábado, 22 de decembro de 2018
RECOLLIDA DE XOGUETES
Aproveitando estas datas onde a ilusión dos nenos e nenas é ter un xoguete, no cole de Oliveira pedímoslles ás familias que aportasen xoguetes que xa non usasen e estivesen en bo estado, para axudar a que todos os nenos e nenas da zona poidan facer realidade ese desexo.
Contactamos coa ONG Ponte Solidario que estiveron encantados coa idea e viñeron recollelos esta semana para que cheguen a tempo ás casas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



