As nenas e nenos de 1º estiveron investigando sobre os xogos tradicionais en distintas partes do mundo. Foi unha pescuda intensa pero moi divertida. Este foi o proceso:
Despois de moito traballo sobre o proxecto XOGAMOS durante todo o
curso, por fin chegou o día de mostralo ao resto de compañeir@s polo
que decidimos celebrar a EXPO DO XOGO.
A través desta actividade cada clase explicáballe ao resto o aprendido e traballado sobre o xogo ou xoguete elexido.
Aínda que o tempo non nos acompañou todo o que tiñamos pensado ao final
pasaron unha mañá moi entretenida e aprenderon moitas cousas novas.
Disfrazarse é un xogo que nos gusta, interpretar personaxes, ser outra cousa por un tempo... e se sumamos o goce de realizalos máis divertido ainda.
Despois duns días de moito traballiño lucimos os nosos disfraces desfilando por Salvaterra e celebrando con actuacións musicais no Parque da Canuda. Así fomos transformándonos por un día en taboleiros de oca e parchís, dados, bonequiños de Playmobil, pezas de xadrez, trompos, bonecas e abanderados dos Xogos.
O venres día 1 celebramos no patio do colexio a festa final do ENTROIDO.
Cada aula desfilou mostrando o xogo ou xoguete elexido ao ritmo da música. A aula de 3-4 anos elexiu o póker, os de 5 convertéronse en pilotos de coches de carreiras, en 1º elexiron o dominó, 2º o xadrez, os de 3º disfrazáronse de bonecos e bonecas, os de 4º de bolos, 5º de buxainas e 6º representou o xogo do parchís.
Ao finalizar degustamos un delicioso chocolate acompañado de rosquillas e bailamos sen parar.