A clase de 3º investigou sobre o xadrez, descubriron que é un xogo moi antigo e animáronse a facer unha liña do tempo dende os seus comezos ata o momento actual. Ademais nos informan sobre outros aspectos, como o significado das pezas, as normas de xogo e a famosa lenda do xadrez.
Xa o temos a disposición na biblio para practicar!
Investigar e descubrir como construir un bólido, foi o que fixeron os de 1º e pareceulles tan divertido e intreresante que decidiron mostrar como facelo, a través de un vídeo titorial.
Agora podedes elaborar un para vós, esperamos que sexa do voso agrado.
Fomos de visita ao Museo etnográfico A casa do Patrón, en Lalín, onde vimos formas de vida da Galicia de hai cen anos, máis ou menos, e ademais xogamos a xogos de sempre. Un día espléndido!
O pasado martes día 26 de febreiro, o alumnado de sexto pasou unha estupenda xornada xogando ao hochey e ao balonmano no Ceip de Leirado. Despois de xogar, os nosos compañeir@s de Leirado invitáronnos a unha merendola. Tamén nós deu tempo de convivir un anaco a tod@s xunt@s no seu recreo. Podedes ver unha pequena escolma dos momentos máis destacados no seguinte vídeo.
As nenas e nenos de 1º estiveron investigando sobre os xogos tradicionais en distintas partes do mundo. Foi unha pescuda intensa pero moi divertida. Este foi o proceso:
Despois de moito traballo sobre o proxecto XOGAMOS durante todo o
curso, por fin chegou o día de mostralo ao resto de compañeir@s polo
que decidimos celebrar a EXPO DO XOGO.
A través desta actividade cada clase explicáballe ao resto o aprendido e traballado sobre o xogo ou xoguete elexido.
Aínda que o tempo non nos acompañou todo o que tiñamos pensado ao final
pasaron unha mañá moi entretenida e aprenderon moitas cousas novas.