xoves, 21 de febreiro de 2019
luns, 18 de febreiro de 2019
ANÉCDOTAS DOS XOGOS:LECTURA
Chegou á nosa Biblio "Los días pequeños", de Pep Bruno, un libro que fai boa literatura das cousas máis cotiás, dos aconteceres dos habitantes nun pequeno pobo.
Nel achamos unha divertida anécdota de xogos infantís, como as que nos contaron as familias ou como as nosas, porque todos temos algunha que contar.
Mirade e escoitade :"El niño Antón y la patineta"
mércores, 13 de febreiro de 2019
PATIOS DINAMICOS
Hoxe continuouse a actividade que comezamos a semana pasada introducindo tres novos xogos:
- "DESPLUMAR A GALIÑA"
- "ESCONDITE INGLÉS"
- "O RATO E O GATO"
Primeiro presentou e anticipou as actividades que ían facer
E presentou os xogos apoiándose tamén con pictos de ARASAAC
domingo, 10 de febreiro de 2019
ENTREVISTAS
O alumnado de 4º saiu coas gravadoras na busca de información sobre os xogos de infancia de persoas da súa familia. Con estes valiosos documentos sonoros argallaron o seu programa de radio. Cantas conversas interesantes!
Moitas grazas familias pola colaboración e por aportarnos tanto!
mércores, 6 de febreiro de 2019
PATIOS DINÁMICOS
Hoxe na hora do recreo, Cristina Serantes (profesional de BATA), presentou ao alumnado de 4º dous xogos que aparecen recollidos no libro "PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS" de Gey Lagar: "LA ARAÑA" E "CONGELADO".
Esta actividade desenvolverase todos os mércores coa finalidade de conseguir que de aquí a final de curso todos os nenos e nenas se integren nalgún xogo na hora do recreo, que haxa máis variedade e se amplíe a actividade a máis días da semana.
sábado, 2 de febreiro de 2019
LENDO HISTORIAS: UNHA CINTA AZUL DE DOUS PALMOS E PICO
O alumnado de Valores de 5º ofrécenos a lectura dun texto traballado, un texto de Juan Farias que fala dun neno que se aburre e doutro neno que fai voar a súa imaxinación cunha simple cinta azul.
Escoitade que clariño nos len e pensade. Pensade que a maxia está en nós mesmos, non nas cousas externas, que o xogo tamén é creación, imaxinación, e que diso vós tedes moito!
xoves, 31 de xaneiro de 2019
DECÁLOGOS PARA XOGAR EN PAZ
Aprendemos o que é un decálogo e preparamos un en cada aula, foi doado porque sabemos ben as cousas que fan mellor a convivencia. Agora para lembralo repartímolos polo cole, para telos sempre presentes e que os nosos xogos estean cheos de ledicia e bos momentos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















